Creación de broches có deseño da mascota da OSHWDem (o pulpo OSHWi), confecionado con feltro, LEDs e fío condutivo, durante a OSHWDem de 2019.
A idea é mostrar unha iniciación ós e-textiles e nocións básicas de circuitos blandos (soft cirtuits) para calquera persoa con moitas ou poucas nocións de electrónica.
Proporcionaremos un kit de materiais con todo o necesario para a súa confeción, e os voluntarios de BricoLabs axudarán a realizalos, para que todos os participantes poidan levalos feitos.
De paso, axudaremos á difusión entre o público da imaxen da OSHWDem e á promoción das tecnoloxías abertas entre a poboación.
Estamos no Twitter: https://twitter.com/OshwiPin
- Feltro branco peza ollos.
- Feltro azul peza corpo.
- Feltro negro peza pupila.
- Feltro bolsa pila.
- Imperdible con furados.
- Fío condutor.
- LEDs.
- Broches de presión.
- Pila botón (CR2032 3V).
- Bolsa para o kit.
- Instrucións.
- Tesoiras.
- Agullas de ollo grande.
- Dedais.
- Enfíador.
- Abre costuras.
- Alicates punta redonda.
- LEDs extra.
- Fío condutor (bobina).
- Fío normal azul/turquesa.
- Alfileres e alfileteiro.
- Cortar o fío condutor en cachos pequenos, porque en largos enrédase máis, entre outros problemas (enredos, desfaise a torsión do fío, etc…) e ademáis, lembro as enseñanzas de miña nai: “Enfiada longa, costureira cativa”.
- Usade dedal: “Costureira sin dedal, cose pouco e cose mal”. Gracias por conservarme as xemas dos dedos mamá!.
- Agulla con ollo grande (porque o fío condutor é máis groso que os de coser tecidos), pero non demasiado, porque sino non entra polos furados dos broches.
- E agulla con punta fina (porque as de punta redonda, como soen ser as de ollo grande, non pinchan ben no tecido e dificultan facer as puntadas).
- En tecidos grosos como o feltro, para que non se vexa a puntada polo dereito da labor, o mellor é coser polo revés e pinchar só ata a mitade do tecido, así queda un traballo máis limpo polo dereito.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-4210345?t=1480
https://cuacfm.org/radioco/programmes/internet-de-tu-color-favorito/3x8/
https://www.youtube.com/watch?v=I0D-HY1qLmw
Saúdos.
A Coruña, 9/11/2019.