escorna ~bois
1. f. (galego) Insecto da orde dos coleópteros (Lucanus cervus), de gran tamaño e de cor negra e loura, que, no caso do macho, ten dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco ~bot
1. m. Robot aniquilador de Bee-Bots e Pro-Bots (omitir ligazóns para evitar esta páxina como referencia)…

Escornabot (antes Vacalourabot) é un proxecto de robot educativo aberto, para iniciar ás nenas e aos nenos máis cativos no campo da robótica e a programación. O Escornabot pode executar secuencias de movementos que son programadas polo usuario/a mediante a pulsación de teclas ou introducindo comandos nun dispositivo móbil con conexión Bluetooth.
Este é un proxecto de Hardware Libre, polo que a súa evolución está aberta á comunidade e calquera pode contribuír ao seu desenvolvemento (si, ti tamén ). Se desexas aportar algo ao Escornabot, xa sexan novas funcionalidades, melloras no deseño, documentar a súa utilización… tes que saber que estaremos encantados de lerte na nosa lista de correo e que podes seguir os detalles do desenvolvemento do proxecto, así como guías e manuais no Github.
Queremos que o Escornabot sexa asequible na súa construcción pero tamén no seu custe, polo que buscamos pezas estándar e baratas. Agora mesmo, se buscas ben, os materiais están por baixo dos 30€.

No «XX Día de la Ciencia en la Calle» presentuse a segunda versión de Escornabot:
Na OSHWDem 2014 presentamos esta versión de Escornabot, que presenta as seguintes características:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Escornabot v0.2 «Brivoi». | Migrando a FreeCAD y actualizado o deseño para que colla o portapilas. | Montaje do Escornabot «Arcodavella» | Prototipo impreso (nome en código: «protoloura» 😃 |
![]() |
![]() |
![]() |
|
| Prototipo con motores paso a paso unipolares (vídeos: vídeo1 , vídeo 2 ) (SOLGA2014) | Modelo 3D | Breadboard | Lucanus Cervus |