n],link[rel=mask-icon],meta[name=msapplication-TileImage]').forEach(function(node) { node.setAttribute(node.hasAttribute("content")?'content':'href', 'https://www.bricolabs.cc/favicon.ico'); });
Xa existe un feixe de portabobinas para cable, pero a min apetecíame deseñar o meu propio, así que aquí presento o meu traballo. Como características un chisco distintivas, podemos dicir que este portabobinas está pensado para os que non chegamos nunca a comprar unha bobina enteira de cable, pero que, aínda así, queremos de cando en vez pasar por persoas ordenadas. Por isto, deseñamos uns soportes para o “eixo” do portabobinas, que será un tubo ríxido calquera (no caso do exemplo, o sobrante dun rolo de papel de aluminio), e tamén deseñamos o núcleo da bobina.
Deixamos os ficheiros en Freecad das pezas empregadas para que calquera as poida modificar e adaptar, se é que é capaz de descifrar algo do meu intrincado sistema de traballo neste programa. Aviso que isto foi unha práctica para aprender a deseñar, non sorprenderse polas torpezas no deseño!
![]() |
![]() |
![]() |
Un pedazo tubo do papel de aluminio. Flipa… | A bobina para envolver o cable. | O portaeixo que se introduce no tubo. |
![]() |
![]() |
![]() |
Os portaeixos co tubo colocado. | O portabobinas ensamblado | Fin! |
Subo os .stl e os .fcstd . Síntanse libres de facer con eles o que queiran
Edición: Modificados os soportes para o eixo, ao final resulta que o cable ten un peso e iso require uns soportes máis robustos…
Deseñado con Freecad.
O montaxe non require moita explicación, nada máis sinalar que as bobinas deben quedar ben xuntas, ao ter un separador nada máis por un lado, se hai separación entre elas o cable tende a meterse entre unha bobina e outra e non queda ben. Se ao poñelas no tubo non cadran ben xustas, poñéndolle unha brida para que queden ben arrimadas se arranxa ben.
Se un día volto atopar ganas e tempo, mirarei de deseñar algo de xeito que non haxa que sacar o soporte se queremos poñer ou quitar unha bobina. Se alguén se anima, xa sabedes, está aberto!